Pesca tradicional nos séculos XVII-XIX
Xa nos tempos nos que a caza das baleas era a principal actividade, explotabanse outras especies. Durante os séculos XVII, XVIII e XIX continuou a pesca tradicional e foise desenvolvendo pouco a pouco unha estrutura que propiciou o gran auxe da actividade no século XX.
Sobre esta época atopamos tamén gran cantidade de datos a través de documentos públicos e preitos, tamén abondosos polos problemas no cobro dos tributos da pesca.