O proxecto
O Arquivo da Pesca é un proxecto impulsado pola Confraría de Pescadores de Caión para a posta en valor do seu Arquivo Histórico. Esta iniciativa lévase a cabo co financiamento do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte, o Fondo Europeo de Pesca da Unión Europea, a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Conta ademais coa colaboración do Concello da Laracha.
O proxecto consta de tres fases principais:
- Rehabilitación e acondicionamento do local que acolle o arquivo.
- Arquivo e análise de documentos. Estudio pormenorizado e clasificación do material.
- Creación dunha exposición sobre o sector pesqueiro na localidade.
Coa realización das diferentes actividades do proxecto preténdese a consecución dunha serie de obxectivos xerais que se poden resumir en:
- Valorar e dignificar o oficio dos pescadores e o xeito de vida das súas familias.
- Crear un recordatorio histórico da importancia que chegou a ter a pesca na vila e como esta foi evolucionando ata a actualidade.
- Fomentar a cooperación e a participación dos diferentes axentes sociais da vila: desde a realización dos traballos de arquivo e a recollida de elementos expositivos, ata a realización de exposicións e diferentes accións formativas, actividades culturais e outras, unha vez se dispoña do lugar axeitado.
- Aplicación das novas tecnoloxías na actividade expositiva: paneis táctiles e interactivos.
- Fomento do turismo cultural e etnográfico, gracias á coordinación con outros proxectos de fomento da excelencia turística que se están a desenvolver na actualidade.