A Confraría de Pescadores de Caión

A Confraría de Pescadores de Caión é unha institución creada no ano 1926 que agrupa aos mariñeiros da vila e traballa a prol dunha mellor organización e desenvolvemento das actividades pesqueiras.

Os datos de contacto son os seguintes:

Praza Eduardo Vila Fano s/n 15145 – Caión (A Coruña)
Tel/Fax 981 60 40 05
cofradia@cofradiacaion.org

A Confraía é a impulsora do proxecto do Arquivo da Pesca e compartimos o mesmo edificio. Na planta baixa atópanse as oficinas da Confraría e no soto, con acceso desde o paseo marítimo, encóntrase o Arquivo.