A caza da balea en Caión
Arredor do ano 1530 foron cazadas as primeiras baleas en Caión por baleeiros vascos. Desde ese momento ata o ano 1700, data da derradeira capturada, desenvolveuse unha importante actividade de caza e transformación das baleas que marcou eses case 200 anos.
A importancia económica desta actividade foi fundamental para a vila de Caión durante aqueles tempos. Isto chega ata os nosos días a través da abondosa documentación conservada. Documentos oficiais, contratos privados, arrendamentos, libros de contas e numerosos preitos son testemuño dunha etapa aínda moi descoñecida.
Grazas aos datos estraídos destes documentos podemos coñecer algo máis dos antigos baleeiros caioneses.