Presentación

O Arquivo da Pesca é unha iniciativa impulsada pola Confraría de Pescadores de Caión para a recuperación e posta en valor do seu arquivo histórico.

Aquí poderás coñecer a historia da vila mariñeira de Caión, facendo un percorrido por diferentes épocas a través dunha exposición permanente aberta ao público.

O Arquivo atópase nun edificio singular, literalmete integrado no mar, que alberga o arquivo histórico, a exposición permanente e un espazo para actividades, ademais da propia sede da Confraría de Pescadores.

O edificio do Aquivo da Pesca