29 Nov 2012

O Arquivo da Pesca de Caión como exemplo de proxectos GAC

O pasado día 22 de novembro celebrouse do castelo de Santa Cruz unha xornada de boas prácticas en Grupos de Acción Costeira, coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

O acto foi inaugurado por Juan Carlos Maneiro, Secretario Xeral do Mar, quen dou unha conferencia sobre as negociacións da nova Política Pesqueira Común, e as oportunidades do novo Fondo Europeo para as políticas marítima e pesqueira da Unión Europea.

Pero o obxectivo desta xornada foi dar a coñecer a relevancia do traballo realizado polos Grupos de Acción Costeira galegos, e en particular, presentar unha escolma daquelas iniciativas exitosas e de boas prácticas desenvoltas.

Entre os proxectos máis relevantes estaba o Arquivo la Pesca, promovido pola o Confraría de Pescadores de Caión. O seu patrón maior, Evaristo Lareo, foi o encargado de expoñer as liñas básicas levadas a cabo aos asistentes, pescadores e mariscadores, persoal de Confrarías, e técnicos dos GAC e das administracións públicas con competencias no litoral.