Noticias

19 Feb

Toco de dominio na nosa web

Tras algúns problemas co servidor e dominio desta web, trocamos o .org polo .info, para darnos novo aloxamento, que como vedes pasa a ser:

arquivodapesca.info

Para calquera consulta

arquivodapesca.info/contacto/

20 Xuñ

Presentación de “As parroquias do Concello da Laracha en 1750”

Este luns dia 19 de xullo, no Arquivo da Pesca de Caión tivo lugar a presentación do libro “As parroquias do Concello da Laracha en 1750”, editado pola Deputación da Coruña a través do Concello da Laracha. O acto foi introducido polo alcalde, que dou paso ao autor, Marcos Emilio Amado Casdelo, que dou un repaso do contido.

WhatsApp Image 2017-06-20 at 00.44.48

08 Xuñ

Visita dos alumnos do IES da Guarda, da Coruña.

paco cotelo

Hoxe pola mañá recibimos a visita dos alumnos do Instituto Eusebio da Guarda da Coruña, que pasearon por distintos puntos de interés de Caión para despois asistir a unha charla sobre a historia da pesca na vila.

Grazas polo interés mostrado e ata a próxima vez !!!

27 Set

“Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”.

O próximo sábado día 1 contaremos co investigador e escritor Fernando Patricio, presentando o seu novo libro “Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”.

No hay texto alternativo automático disponible.

11 Xul

CANTIGAS E “CONTOS DO MAR DE IRLANDA”

 

Este Venres 15 de Xullo as 20:30 h. terá lugar no Arquivo da Pesca de Caión a presentación do libro de Xurxo Souto
“Contos do Mar de Irlanda” .

Será unha presentación musical do mesmo na que posteriormente se recollerán e cantarán cantigas típicas da vila de Caión acompañadas de acordeón.

Non faltes !!!

94 CARTEL CAIÓN-

 

31 Mai

Club do Mar finalista da Copa de A Coruña

Noraboa tamén o Club do Mar que este sábado 28 clasificouse para a final da Copa de A Coruña tras eliminar o Sada (0-0 en Laracha e 0-1 en Sada). A final será este venres 3 de Xuño as 20:15 horas no Estadio Municipal de Riazor.

Enfrontarase na final  ao Betanzos ó que esperamos que derrote e poder contar para a semana a consecución de un título que tanto merecen a directiva, xogadores e afición deste club.

http://http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2016/05/31/copa-da-coruna-club-do-mar-jugara-viernes-final-ante-betanzos-riazor/0003_201605C31C999

31 Mai

25 Aniversario do CEIP de Caión

Este sábado 28 de Maio celebrouse no CEIP de Caión o seu 25 aniversario.

Moito tempo e moita xente pasaron dende aquel ano 1991 no que se inaugurou.

Tamén moitos ex-alumnos,alumnos,familiares e autoridades acudiron a unha celebración chea de música,bailes xogos e sobre todo recordos.

Dende aquí a noraboa a todos os que forman e formaron parte da historia deste colexio.

 

28 Abr

Visita dos alumnos do colexio Otero Pedrayo de A Laracha

Hoxe día 28 de abril tivemos no Arquivo da Pesca unha visita moi especial. Os alumnos do colexio Otero Pedrayo de A Laracha acercaronse ata Caión para coñecer  a historia da pesca na nosa comarca, os barcos, as artes, a caza da balea…
Dende o Arquivo estamos moi contentos de que os nenos e nenas de A Laracha se interesaran en coñecer a historia e costumes de Caión e así poder compartir o noso legado con eles
Por iso, porque estamos encantados de compartir a nosa historia, animamos a todo o que queira  visitarnos a facelo.

20160428_13015620160428_124516

19 Xan

Contos caioneses do mar e da terra este xoves 21 en “Historias de Inverno”

O Arquivo da Pesca acolle este xoves día 21 ás 19:oo as Historias de Inverno, unhas charlas abertas aos asistentes organizadas pola asociación ambiental Senda Nova, dentro do seu programa Inverno Ancestral. Contaranse contos e anécdotas de tempos pasados, de mariñeiros, peixeiras e redeiras, presentadas por Marcos E. Amado e narradas por persoas  veciñas da vila, como Constante Caamaño, Evaristo Lareo, Miguel Iglesias, e Xosé Casdelo.

NON FALTES !!!

O local da confraría, construído en 1940

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

30 Nov

Os bolechas van ao GAC Costa da Morte

Alumnos e profesores do colexio de Caión coñeceron onte no Arquivo da Pesca de Caión de primeira man, o libro Os bolechas van ao GAC Costa dá Morte. O xerente do Grupo de Acción Costeira de Costa dá Morte, Guillermo González, regalou aos nenos un exemplar  e unha mochila con material divulgativo.

 

os bolechas

 

 

 

09 Abr

Visita dos alumnos do colexio de Caión

Onte día 8 de abril tivemos no Arquivo da Pesca unha visita moi especial. Os alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria de Caión acercáronse ata as nosas instalacións para recibir unha charla sobre a historia da pesca na nosa comarca, os barcos, as artes, as capturas…
Foi un día especial para os rapaces e rapazas, que aprenderon moitas cousas que tiñan o seu carón, como veciños dunha vila mariñeira, polas que se mostraron moi interesados participando activamente na charla.
Animámos a outros colexios a que veñan a visitarnos, e disfruten dunha xornada tan enriquecedora !

AuHSCnkv_HDj7JDfa7yiQgmZGsrp0orP9tFgoEdKf7VQ AmE-K5KwQspfn_1nWwTyWTz7U_W0-rouIQ_Gcr60DBne

31 Mar

Horarios Semana Santa 2015

Nestas vacacións de Semana Santa o Arquivo da Pesca de Caión permacerá aberto ó púbico durante os 4 días festivos.
Os horarios de xoves a sábado serán de 11,30 a 13,30 e polas tardes de 17,30 a 19,30, e o domingo abrirá no horario habitual de 17,00 a 19,30 horas.

2011_12_15_confraria_011_reducida

12 Xul

Presentación do libro “De Liverpool ás Sisargas”

Este venres 11 de xullo o  Arquivo da Pesca de Caión acolleu a presentación do libro “De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam”. Os seus autores, Xabier Maceiras e Fernando Patricio, expuxeron multitude de fermosas anécdotas  ao redor deste naufraxio acontecido fai 125 anos,  como o varamento do varios pianos ou a multitude de rolos de teas de algodón que acabaron nas feiras da comarca.

Libro de obrigada lectura para os amantes do mar, dos barcos e da vida nas vilas mariñeiras e rurais de fins do século XIX.

10501689_739159669479676_3435002196470568941_n

10456025_739158816146428_7857687090337360734_n

07 Xul

Roteiro literario e cultural “Mar e Vila”

Este domingo 6 de Xullo celebrouse o 1º  Roteiro literario e cultural “Mar e Vila”, coa presencia de numeroso público.

O acto organizado polo Arquivo da Pesca de Caión  e a asociación Adisma, coa colaboración da Confraría e o Concello de A Laracha, contou co acompañamento musical da asociación As Nadelas e permitiu que os versos, o recordos e os acordes tomasen as rúas da  vila de Caión

O músico e escritor Xurxo Souto, xunto co mariñeiro e poeta Xosé Iglesias, pincipiaron un pecorrido polos recunchos máis característicos da vila presentados por Marcos Amado Casdelo. Tamén recitaron versos propios o percebeiro Paco Souto, a mariscadora Teresa Ramilo, o caionés Moncho Mendes, a malpicana María Fernández, o erudito J. R. Alonso e os escritores de naufráxios Fernando Patricio Cortizo e Xabier Maceiras, entre outros.

2014_07_06_roteiro_literario_004

2014_07_06_roteiro_literario_026

2014_07_06_roteiro_literario_043

2014_07_06_roteiro_literario_044

10495394_797160900302879_1106972505460716052_o

07 Xul

Visita da Asociación Fontenova

Imaxes da visita da Asociación Fontenova cuns compañeiros franceses o pasado 25 de Xuñ0

12 Mai

Visita da A.C. Roxín Roxal

 

roxin roxal

Este pasado domingo día 11 no Arquivo da Pesca tivemos unha visita moi especcial. Máis de medio cento de  camiñantes da asociación cultural libre de Paderne Roxín Roxal, completaron en Caión un roteiro que os trouxo pola franxa costeira  dende as praias arteixanas.

 

En Caión foron recividos en primeiro lugar pola capela dos Miragres, baixando despois á praza da vila onde os membros deste  Arquivo os guiaron ao local onde se mostra a evolución pesqueira da vila dende o século XVI. Tras a visita e a charla informativa, desprazáronse á praia das Salseiras onde desfrutaron dun xantar de campo. Aqui teñen un acceso ao seu blog onde poden ver as súas actividades (http://roxinroxal.blogaliza.org/), ou a fermosa lenda do xoven Roxín Roxal, que deu nome a esta A. C. (http://roxinroxal.blogaliza.org/a-lenda/)

 

! Moitas grazas por vir e ata a próxima vez !

 

 

 

 

 

 

01 Mar

Apertura ao público do Arquivo da Pesca

Despois de un mes de vacacións invernais, o Arquivo da Pesca  volverá a abrir as súas portas ao público este domingo 2 de marzo ás 16:00 h, primeiro día de Carnestolendas. Nesa mesma data finalizaba a costeira da caza da balea en Caión, segundo  o cardeal Jerónimo del Hoyo nas súas “Memorias del Arzobispado de Santiago” en 1607, que  cita: 

Santa María del Socorro de Cayón … Esta villa es un puerto de mar en que se pescan cada año muchas ballenas dende Todos Santos hasta Carnestolendas, que es el tiempo de la pesca dellas. Esta villa está tres leguas de La Coruña y otras tres del puerto de Malpica; y toda esta villa está por la parte de tierra rodeada de un monte muy alto, que en alguna manera paresce questá como tapiada. Tienen en esta villa casa los Señores de Montaos, que al presente son Condes de Graxal. Tiene esta feligresía setenta feligreses, y el monasterio quatro frailes y uno de ellos es cura. Hay una hermita del señor San Roque”.

Esta e outras moitas citas do pasado baleeiro de Caión podes velas lendo os paneis expostos no Arquivo.

chalupa

15 Feb

Renovación do convenio de colaboración co concello.

O condello da Laracha acaba de renovar o  convenio de colaboración coa Confradía de pescadores de Caión para a o mantemento e apertura  do Arquivo da Pesca para este ano 2014. O alcalde  José Manuel López Varela e o patrón mayor de Caión Evaristo Lareo firmaron   no concello onte día 14 de febreiro a actualización un ano máis desta contribución que leva facendo dende o ano 2012.

LA VOZ

03 Xan

Charla e aportación de novos nomes para 15 rúas en Caión

Como xa saberedes, o Concello da Laracha no  ano 2014 ten previsto renomear 15 das rúas do núcleo urbano da vila de Caión, ben sexa por troco do nome anterior, ou por tratarse dunha rúa de nova creación.
Dende o Arquivo da Pesca de Caión pensamos que a opinión dos veciños é de gran importancia é hora de decidir os nomes das rúas onde residen. Por iso mesmo e co visto bo do concello, decidimos facer de portavozes para tratar de agrupar as opinións e os puntos de vista dos caioneses, nunha proposta común.
Para elaborar as distintas propostas a nomes, necesitamos que os veciños asistades á charla e aportedes os nomes que consideredes axeitados para cada rúa.
Con todos os nomes aportados, elaboraremos unha proposta común que se decidirá nunha asamblea a celebrar o día 5 de Xaneiro ás 17:30 horas no local do Arquivo da Pesca, na que esperamos contar coa vosa asistencia.
Ditas propostas remitiránselle ao concello para que sexan valoradas na próxima reunión de portavoces dos 3 grupos políticos que se celebrará entre os meses de xaneiro e febreiro de 2014.

Escomezaremos un pouco despois das 17:30 en canto marche a cabalgata de reis.

Cartel ruas

24 Ago

Presentación do novo panel de naufraxios

Onte as 20:30 h. no Arquivo da Pesca de Caión presentouse un novo panel que formará parte da exposición permanente sobre a historia mariñeira da vila. O acto estivo incluido dentro da charla divulgativa “Naufraxios no mar de Caión” que moderou Marcos E. Amado Casdelo e contou cas intervencións de exmariñeiros locais, con gran aceptación polos  asistentes. Os escritores Fernando Patricio e Xabier Maceiras exerceron de relatores nun evento que congregou numeroso público.

1167391_10201728138263094_1094698050_o

812552_10201728138503100_1182583483_o

20 Ago

Charla divulgativa “Naufraxios no mar de Caión”

O próximo venres 23 de agosto terá lugar nas instalacións do Arquivo da Pesca, situado no local da Confraría de Pescadores de Caión, a charla divulgativa “Naufraxios no mar de Caión”, organizada pola Asociación Adisma.
Alí rememoraranse tanto os naufraxios acontecidos na costa caionesa coma outros sufridos noutras zoas e que afectaran a embarcacións ou mariñeiros desta vila, mostrando fotografías e recortes da prensa de 15 de eles, dende 1843 ata o máis recente de 1982.
O acto escomenzará as 20:30 e será conducido por Marcos Amado Casdelo, que exercerá de moderador, e terá como relatores aos escritores Fernando Patricio Cortizo, autor de entre outros libros o “Historia da Costa galega e os seus naufraxios”, e a Xabier Maceiras, autor do recente “O mar de Arteixo e os seus naufraxios”.
Asimesmo intervirán algúns ex-mariñeiros caioneses, que darán conta da súa memoria recordando os sucesos expostos, e incluso se contará coa presencia de un condecorado polo salvamento da vaca Jesusa en 1955.
A continuación presentarase un novo panel sobre esta temática que será incorporado á exposición permante sita no Arquivo da Pesca de Caión.

Cartel

04 Xul

Horario de verán

A partir deste sábado día 6 de xullo o Arquivo da pesca de Caión escomenza os horarios de verán, abrindo ó público os sábados de 12:00 a 14:00 horas e os domingos de 19:00 a 21:00 horas.

Agardamos a vosa visita.

Vista xeral do interior do Arquivo da pesca onde se diferencia a zona de arquivo, a zona de exposición e a zona para actividades.

 

31 Mar

Visita de Xosé Iglesias

Esta tarde de domingo  no Arquivo da Pesca  recibimos unha gostosa visita.

O mariñeiro Xosé Iglesias, que despois de trocar os caladeiros do Gran Sol polos máis pretos do arco Ártabro, mistura a bordo do seu barco a  labor entre nasas, miños e trasmallos, coa de recitar versos sobre as vivencias, sentimentos e angustias que a vida no mar lle proporciona.

Aqui tendes unha mostra … a jolpe de corno ou bojina.

¡¡¡ Medre o mar !!!

http://www.youtube.com/watch?v=4mcZV4aeuD8

25 Feb

Reapertura ao público do Arquivo da Pesca

2012_01_18_arquivo_da_pesca_018

Despois de un mes de vacacións,  as instalacións do Arquivo da Pesca de Caión volverán a estar abertas ao público a partir do proximo día 3 ás 17:00 horas.

A partires de ese día, o horario de apertura votará a ser o habitual de 17:00 a 19:30 tódolos domingos, mentres dure a tempada de inverno

Agardamos a vosa visita para que poidades descubrir a evolución histórica da pesca na vila de Caión.

 

 

 

 

 

 

03 Xan

Reunión informativa dos GAC de A Mariña e da Costa da Morte

O pasado sábado día  29 o Arquivo da Pesca acolleu o encontro dos responsables dos Grupos de Acción Costeira (GAC) 3 (Costa da Morte) e 1 (A Mariña-Ortegal), que se reuniron para intercambiar experiencias e coñecer os proxectos que se  desenrrolaron no concello da Laracha e que foron financiados polo Fondo Europeo de Pesca.

Asistieron o presidente e xerente do GAC 3, Evaristo Lareo e Guillermo González; os do  GAC 1, José Basilio Otero e Mar López Leitón; Ramón Rivas, representante da Asociación do Mar de San Ciprán; a patroa maior da confraría de Ribadeo, Celia Pacio; Catalina Sánchez Luengo, da Fundación Expomar, e Ana Belén Seixido, en representación do Concello de Cariño, acollidos  polo  alcalde da Laracha José Manuel López Varela.

Os participantes na reunión visitaron o Arquivo da Pesca onde foron atendidos polo tecnico, que lles mostrou as instalacións e os seus distintos usos, e deu unhas pinceladas sobre a evolución da pesca nesta vila mariñeira.

Enlaces da cobertura dada na prensa:

La Voz de Galicia

La Opinión

 

29 Nov

O Arquivo da Pesca de Caión como exemplo de proxectos GAC

O pasado día 22 de novembro celebrouse do castelo de Santa Cruz unha xornada de boas prácticas en Grupos de Acción Costeira, coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

O acto foi inaugurado por Juan Carlos Maneiro, Secretario Xeral do Mar, quen dou unha conferencia sobre as negociacións da nova Política Pesqueira Común, e as oportunidades do novo Fondo Europeo para as políticas marítima e pesqueira da Unión Europea.

Pero o obxectivo desta xornada foi dar a coñecer a relevancia do traballo realizado polos Grupos de Acción Costeira galegos, e en particular, presentar unha escolma daquelas iniciativas exitosas e de boas prácticas desenvoltas.

Entre os proxectos máis relevantes estaba o Arquivo la Pesca, promovido pola o Confraría de Pescadores de Caión. O seu patrón maior, Evaristo Lareo, foi o encargado de expoñer as liñas básicas levadas a cabo aos asistentes, pescadores e mariscadores, persoal de Confrarías, e técnicos dos GAC e das administracións públicas con competencias no litoral.

07 Xuñ

Visita dos alumnos do colexio de Caión

Fai uns días tivemos no Arquivo da pesca unha visita especial. Os alumnos do CEIP de Caión acercáronse ata as nosas instalacións para recibir unha charla sobre a historia da pesca na nosa comarca, os barcos, as artes, as capturas…

Foi  un día especial  para  os rapaces e rapazas, que aprenderon moitas cousas que tiñan o seu carón, como veciños dunha vila mariñeira, pero ás que nunca lles prestaran atención.

Animámos a os colexios a que veñan a visitarnos, e disfruten dunha xornada tan enriquecedora !

05 Mai

Exposición “Ondas de Irmandade”

O centro socio-cultural de Paiosaco acolle ata o dia 13 de maio a exposición “Ondas de Irmandade”, que mostra en paneis o centenario do asociacionismo mariñeiro nos portos de Pontedeume e Sada.

Alí poderedes ver tamén maquetas das embarcacións da época, fotografías, videos e cantigas, dende os primeiros anos do século XX ata a actualidade.

Moi recomendable para os que gustades da temática mariñeira.

02 Abr

Emisión do programa “Desde Galicia para el mundo”

O canal internacional da Televisión de Galicia emitiu o programa “Desde Galicia para el mundo”, grabado en castelán para mostrar a Galicia de hoxe aos nosos emigrantes de América e aos seus fillos e netos.

Neste capítulo adicado ao Concello da Laracha, podemos ver unha parte que trata sobre a vila de Caión e o seu Arquivo da pesca.

Podedes velo a partir do minuto 3, neste enlace:

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&recurso_id=3953

 

15 Mar

Grabación do Programa da TVG “Dende Galicia para o mundo”

As instalacións do Arquivo da Pesca acolleron  onte día 14 de marzo, a parte da grabación do programa “Dende Galicia para o mundo”, que emitirá a Televisión de Galicia nas próximas semanas.

Os contidos do programa mostran  o Concello da Laracha, nos que adican unha parte importante á vila mariñeira de Caión.

Manterémosvos informados do día e a hora da súa emisión.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

16 Feb

Programa educativo para escolares

O Arquivo da Pesca presentou o seu primeiro programa educativo dirixido a escolares da comarca, que leva  por título “Nobres, frades e baleeiros nunha vila do século XVI: Caión”.

Trátase dunha visita guiada onde se mostrará a pirámide da sociedade estamental post-medieval, partindo dunha vila de señorío coma Caión. Veranse as residencias dos poderes da época: Mosteiro dos Agustinos e Pazo dos Sres. de Montaos, e ensinaranse manuscritos seus de dezmos, foros, e tributos que poderán ser transcritos polos alumnos.

Mostrarase tamén a vida dos veciños, por aqueles anos adicados á pesca da balea, explicando como era a súa caza e comercialización, exhibindo restos de ósos aínda conservados, e contratos da época entre nobres, mercaderes coruñeses e arpoeiros de Caión.

Partes do programa*:

1º_ Visita guiada polo patrimonio da vila: Pazo, Mosteiro, Igrexa e zona do antigo porto baleeiro. Todo a carón da praza.

2º_ Explicación nunha sala dotada dun equipo audiovisual, e como material didáctico, as copias dos manuscritos da época, cos que se pretende que os alumnos comproben por sí mesmos os privilexos das clases terratenentes, o papel da burguesía da Coruña, e a dura vida dos labregos e mariñeiros da vila.

(no caso de dificultades no desprazamento ata Caión, posibilidade de efectuar o programa no propio centro educativo usando diapositivas)

As entidades e centros interesados poderán contactar no teléfono 639618373 ademáis de en info@arquivodapesca.org ou en marcosemilio@terra.es

 

21 Xan

Restos do pasado baleeiro

Sempre se comentou que Caión fora unha vila baleeira no pasado, mais descoñecíamos moitos detalles. Os propios habitantes da vila sabían destes feitos, pero non tiñan moitos referentes concretos cos que coñecer máis información.

Con todo, existen estudos sobre a caza de baleas en Galicia desde a Idade Media ata a actualidade. Moita información destes traballos e novas achegas móstranse na exposición permanente que podedes visitar no Arquivo da Pesca.

Ademais, expóñense restos de osos de baleas que se atoparon na vila. Trátase de verdadeiras testemuñas desta actividade no pasado, pois os osos das baleas eran empregados na costrucción das vivendas, nos valados, etc. Estes  restos proveñen de baleas cazadas en Caión entre os séculos XVI e XVII.

04 Xan

Apertura ao público 7 de Xaneiro

O Arquivo da Pesca abre ao público a partir do sábado 7 de Xaneiro.

Durante o inverno, permanecerá aberto os sábados e domingos de 17:00 a 20:00 horas. Durante a semana recibiremos visitas de grupos previa cita.

Ven a visitarnos e coñece a historia da pesca en Caión!

04 Xan

Acto de inauguración

O Arquivo da Pesca xa está oficialmente inaugurado. O acto de presentación acolleu numeroso público que quería coñecer o resultado do proxecto. Ao acto acudiu o Delegado Territorial da Consellería do Mar. Tamén interviron Guillermo González, xerente do Grupo de Acción Costeira, José Manuel López, alcalde da Laracha, Evaristo Lareo, patrón maior da Confrarñia de Pescadores de Caión, e Marcos Amado, da Asociación Adisma, que nos presentou o máis importante do proxecto.

03 Xan

Acto de presentación

O mércores 4 de xaneiro de 2012 ás 11:30h terá lugar o acto de presentación pública do Arquivo da Pesca. Participarán representantes da Consellería de Pesca, o Grupo de Acción Costeira, o Concello da Laracha, a Confraría de Pescadores de Caión e a Asociación Adisma.

12 Dec

Obxectos con historia

A exposición está case lista para que todos a poidamos desfrutar. Ademais de toda a información que encontraremos sobra a historia da pesca na vila, haberá algunha sorpresa. Poderemos ver algún obxecto relacionado coa caza das baleas de máis de 300 anos.

30 Nov

A caza da balea en Caión

Xa é coñecido por todos que Caión foi un importante porto baleeiro. Mais é posible que non coñezades moitos detalles desta importante actividade que se desenvolveu na nosa vila durante os séculos XVI e XVII.

Para saber máis, pronto poderemos realizar un percorrido por aquela época na exposición do Arquivo da Pesca, que abrirá en próximas datas.

Caza da balea

09 Nov

A exposición

O Arquivo da Pesca abrirá pronto ao público e todos poderemos percorrer unha interesante exposición sobre a pesca en Caión.

Non debemos esquecer que todos podemos colaborar con algún obxecto ou fotografía relacionados co mundo da pesca. Quen teña algo que considere interesante pode contribuír á mellora do Arquivo da Pesca.

02 Nov

A obra está rematada

A obra de rehabilitación e acondicionamento do local que alberga o Arquivo da Pesca está rematada. En breve estará aberta ao público para que todos poidamos desfrutar das instalacións.

Recreación virtual do interior do Arquivo da Pesca

15 Out

Un proxecto con moitas vertentes

O proxecto a desenvolver consiste na realización dos traballos precisos para poñer en valor os documentos dos que consta o arquivo histórico da Confraría de Pescadores de Caión. Esta iniciativa consta de varias fases:

  • Rehabilitación e acondicionamento do local
  • O arquivo e análise de documentos
  • Creación dunha exposición sobre o sector pesqueiro na localidade

As diferentes actividades recollidas no proxecto están encamiñadas á consecución duns obxectivos globais que se poden resumir en:

  • Valorar e dignificar o oficio dos pescadores e o xeito de vida das súas familias.
  • Crear un recordatorio histórico da importancia que chegou a ter a pesca na vila e como esta foi evolucionando ata a actualidade.
  • Fomentar a cooperación e a participación dos diferentes axentes sociais da vila: desde a realización dos traballos de arquivo e a recollida de elementos expositivos, ata a realización de exposicións e diferentes accións formativas, actividades culturais e outras,  unha vez se dispoña do lugar axeitado.
  • Aplicación das novas tecnoloxías na actividade expositiva: paneis táctiles e interactivos.
  • Fomento do turismo cultural e etnográfico, gracias á coordinación con outros proxectos de fomento da excelencia turística que se están a desenvolver na actualidade.

01 Out

O proxecto ponse en marcha

O Arquivo da Pesca ponse a andar. As obras de acondicionamento comezaron e as labores de clasificación e arquivo de documentos avanzan a bo ritmo. Esperamos poder mostrar resultados nun plazo breve de tempo.