O espazo
O Arquivo da Pesca ten as súas instalacións nun edificio singular, propiedade da Confraría de Pescadores de Caión, construído no ano 1940. A planta soto, á que se accede desde o paseo marítimo foi rehabilitada no 2011 para albergar os diferentes espazos que compoñen o Arquivo:
- O arquivo histórico, propiamente dito, onde se gardan os fondos documentais da Confraría de Pescadores de Caión
- Unha zona pública onde se pode visitar a exposición permanente sobre a pesca na vila
- Un espazo para actividades culturais ou formativas