A exposición permanente
O Arquivo da Pesca alberga unha exposición permanente, aberta ao público, que realiza un percorrido por boa parte de historia da actividade pesqueira na vila de Caión. Ademais do propio material documental que se encontra no Arquivo, os visitantes poden descubrir o que ocorreu en diferentes épocas a través doutros materiais que se expoñen:
- Paneis informativos que contan o máis interesante de cada época e os datos máis salientables
- Obxectos empregados polos mariñeiros de Caión
- Fotografías antigas cedidas polos veciños da vila
- Unha pantalla interactiva, na que se poden consultar datos máis minuciosos
A exposición abrangue o ocorrido desde o século XVI ata a actualidade. Os contidos estrutúranse en varios bloques temáticos, que diferencian as principais etapas na historia da pesca en Caión:
- A caza da balea nos séculos XVI e XVII
- A pesca tradicional nos séculos XVII-XIX
- A creacion da Confraría ao inicio do século XX
- Desenvolvemento e declive da industria pesqueira no século XX