A pesca no século XX
A actividade pesqueira sufriu moitas transformacións ao longo do século XX. Experimentou grandes melloras, sobre todo técnicas, a mediados de século e isto permitiu o incremento nas capturas.
Nos anos 60 acadouse o momento de máxima expansión da actividade. Naqueles anos traballaban en Caión centos de homes nos numerosos barcos que existían. Foron os tempos de máis esplendor da pesca do cerco.
A sobreexplotación dos caladoiros levou a unha diminución das capturas e tamén de toda a industria, ata chegar á situación actual. Con todo, a pesca continúa a marcar o caracter da vila, que non pode esquecer a súa historia mariñeira.