Toco de dominio na nosa web
Tras algúns problemas co servidor e dominio desta web, trocamos o .org polo .info, para darnos novo aloxamento, que como vedes pasa a ser:
Para calquera consulta
Recuperación e posta en valor do arquivo histórico da Confraría de Pescadores de Caión
19 Feb
Tras algúns problemas co servidor e dominio desta web, trocamos o .org polo .info, para darnos novo aloxamento, que como vedes pasa a ser:
Para calquera consulta
20 Xuñ
Este luns dia 19 de xullo, no Arquivo da Pesca de Caión tivo lugar a presentación do libro “As parroquias do Concello da Laracha en 1750”, editado pola Deputación da Coruña a través do Concello da Laracha. O acto foi introducido polo alcalde, que dou paso ao autor, Marcos Emilio Amado Casdelo, que dou un repaso do contido.
08 Xuñ
Hoxe pola mañá recibimos a visita dos alumnos do Instituto Eusebio da Guarda da Coruña, que pasearon por distintos puntos de interés de Caión para despois asistir a unha charla sobre a historia da pesca na vila.
Grazas polo interés mostrado e ata a próxima vez !!!
27 Set
O próximo sábado día 1 contaremos co investigador e escritor Fernando Patricio, presentando o seu novo libro “Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”.
11 Xul
Este Venres 15 de Xullo as 20:30 h. terá lugar no Arquivo da Pesca de Caión a presentación do libro de Xurxo Souto
“Contos do Mar de Irlanda” .
Será unha presentación musical do mesmo na que posteriormente se recollerán e cantarán cantigas típicas da vila de Caión acompañadas de acordeón.
Non faltes !!!
31 Mai
Noraboa tamén o Club do Mar que este sábado 28 clasificouse para a final da Copa de A Coruña tras eliminar o Sada (0-0 en Laracha e 0-1 en Sada). A final será este venres 3 de Xuño as 20:15 horas no Estadio Municipal de Riazor.
Enfrontarase na final ao Betanzos ó que esperamos que derrote e poder contar para a semana a consecución de un título que tanto merecen a directiva, xogadores e afición deste club.
31 Mai
Este sábado 28 de Maio celebrouse no CEIP de Caión o seu 25 aniversario.
Moito tempo e moita xente pasaron dende aquel ano 1991 no que se inaugurou.
Tamén moitos ex-alumnos,alumnos,familiares e autoridades acudiron a unha celebración chea de música,bailes xogos e sobre todo recordos.
Dende aquí a noraboa a todos os que forman e formaron parte da historia deste colexio.
28 Abr
Hoxe día 28 de abril tivemos no Arquivo da Pesca unha visita moi especial. Os alumnos do colexio Otero Pedrayo de A Laracha acercaronse ata Caión para coñecer a historia da pesca na nosa comarca, os barcos, as artes, a caza da balea…
Dende o Arquivo estamos moi contentos de que os nenos e nenas de A Laracha se interesaran en coñecer a historia e costumes de Caión e así poder compartir o noso legado con eles
Por iso, porque estamos encantados de compartir a nosa historia, animamos a todo o que queira visitarnos a facelo.
19 Xan
O Arquivo da Pesca acolle este xoves día 21 ás 19:oo as Historias de Inverno, unhas charlas abertas aos asistentes organizadas pola asociación ambiental Senda Nova, dentro do seu programa Inverno Ancestral. Contaranse contos e anécdotas de tempos pasados, de mariñeiros, peixeiras e redeiras, presentadas por Marcos E. Amado e narradas por persoas veciñas da vila, como Constante Caamaño, Evaristo Lareo, Miguel Iglesias, e Xosé Casdelo.
NON FALTES !!!
30 Nov
Alumnos e profesores do colexio de Caión coñeceron onte no Arquivo da Pesca de Caión de primeira man, o libro Os bolechas van ao GAC Costa dá Morte. O xerente do Grupo de Acción Costeira de Costa dá Morte, Guillermo González, regalou aos nenos un exemplar e unha mochila con material divulgativo.
09 Abr
Onte día 8 de abril tivemos no Arquivo da Pesca unha visita moi especial. Os alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria de Caión acercáronse ata as nosas instalacións para recibir unha charla sobre a historia da pesca na nosa comarca, os barcos, as artes, as capturas…
Foi un día especial para os rapaces e rapazas, que aprenderon moitas cousas que tiñan o seu carón, como veciños dunha vila mariñeira, polas que se mostraron moi interesados participando activamente na charla.
Animámos a outros colexios a que veñan a visitarnos, e disfruten dunha xornada tan enriquecedora !
31 Mar
Nestas vacacións de Semana Santa o Arquivo da Pesca de Caión permacerá aberto ó púbico durante os 4 días festivos.
Os horarios de xoves a sábado serán de 11,30 a 13,30 e polas tardes de 17,30 a 19,30, e o domingo abrirá no horario habitual de 17,00 a 19,30 horas.
12 Xul
Este venres 11 de xullo o Arquivo da Pesca de Caión acolleu a presentación do libro “De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam”. Os seus autores, Xabier Maceiras e Fernando Patricio, expuxeron multitude de fermosas anécdotas ao redor deste naufraxio acontecido fai 125 anos, como o varamento do varios pianos ou a multitude de rolos de teas de algodón que acabaron nas feiras da comarca.
Libro de obrigada lectura para os amantes do mar, dos barcos e da vida nas vilas mariñeiras e rurais de fins do século XIX.
07 Xul
Este domingo 6 de Xullo celebrouse o 1º Roteiro literario e cultural “Mar e Vila”, coa presencia de numeroso público.
O acto organizado polo Arquivo da Pesca de Caión e a asociación Adisma, coa colaboración da Confraría e o Concello de A Laracha, contou co acompañamento musical da asociación As Nadelas e permitiu que os versos, o recordos e os acordes tomasen as rúas da vila de Caión
O músico e escritor Xurxo Souto, xunto co mariñeiro e poeta Xosé Iglesias, pincipiaron un pecorrido polos recunchos máis característicos da vila presentados por Marcos Amado Casdelo. Tamén recitaron versos propios o percebeiro Paco Souto, a mariscadora Teresa Ramilo, o caionés Moncho Mendes, a malpicana María Fernández, o erudito J. R. Alonso e os escritores de naufráxios Fernando Patricio Cortizo e Xabier Maceiras, entre outros.
07 Xul
Imaxes da visita da Asociación Fontenova cuns compañeiros franceses o pasado 25 de Xuñ0
12 Mai
Este pasado domingo día 11 no Arquivo da Pesca tivemos unha visita moi especcial. Máis de medio cento de camiñantes da asociación cultural libre de Paderne Roxín Roxal, completaron en Caión un roteiro que os trouxo pola franxa costeira dende as praias arteixanas.
En Caión foron recividos en primeiro lugar pola capela dos Miragres, baixando despois á praza da vila onde os membros deste Arquivo os guiaron ao local onde se mostra a evolución pesqueira da vila dende o século XVI. Tras a visita e a charla informativa, desprazáronse á praia das Salseiras onde desfrutaron dun xantar de campo. Aqui teñen un acceso ao seu blog onde poden ver as súas actividades (http://roxinroxal.blogaliza.org/), ou a fermosa lenda do xoven Roxín Roxal, que deu nome a esta A. C. (http://roxinroxal.blogaliza.org/a-lenda/)
! Moitas grazas por vir e ata a próxima vez !
01 Mar
Despois de un mes de vacacións invernais, o Arquivo da Pesca volverá a abrir as súas portas ao público este domingo 2 de marzo ás 16:00 h, primeiro día de Carnestolendas. Nesa mesma data finalizaba a costeira da caza da balea en Caión, segundo o cardeal Jerónimo del Hoyo nas súas “Memorias del Arzobispado de Santiago” en 1607, que cita:
“Santa María del Socorro de Cayón … Esta villa es un puerto de mar en que se pescan cada año muchas ballenas dende Todos Santos hasta Carnestolendas, que es el tiempo de la pesca dellas. Esta villa está tres leguas de La Coruña y otras tres del puerto de Malpica; y toda esta villa está por la parte de tierra rodeada de un monte muy alto, que en alguna manera paresce questá como tapiada. Tienen en esta villa casa los Señores de Montaos, que al presente son Condes de Graxal. Tiene esta feligresía setenta feligreses, y el monasterio quatro frailes y uno de ellos es cura. Hay una hermita del señor San Roque”.
Esta e outras moitas citas do pasado baleeiro de Caión podes velas lendo os paneis expostos no Arquivo.
15 Feb
O condello da Laracha acaba de renovar o convenio de colaboración coa Confradía de pescadores de Caión para a o mantemento e apertura do Arquivo da Pesca para este ano 2014. O alcalde José Manuel López Varela e o patrón mayor de Caión Evaristo Lareo firmaron no concello onte día 14 de febreiro a actualización un ano máis desta contribución que leva facendo dende o ano 2012.
03 Xan
Como xa saberedes, o Concello da Laracha no ano 2014 ten previsto renomear 15 das rúas do núcleo urbano da vila de Caión, ben sexa por troco do nome anterior, ou por tratarse dunha rúa de nova creación.
Dende o Arquivo da Pesca de Caión pensamos que a opinión dos veciños é de gran importancia é hora de decidir os nomes das rúas onde residen. Por iso mesmo e co visto bo do concello, decidimos facer de portavozes para tratar de agrupar as opinións e os puntos de vista dos caioneses, nunha proposta común.
Para elaborar as distintas propostas a nomes, necesitamos que os veciños asistades á charla e aportedes os nomes que consideredes axeitados para cada rúa.
Con todos os nomes aportados, elaboraremos unha proposta común que se decidirá nunha asamblea a celebrar o día 5 de Xaneiro ás 17:30 horas no local do Arquivo da Pesca, na que esperamos contar coa vosa asistencia.
Ditas propostas remitiránselle ao concello para que sexan valoradas na próxima reunión de portavoces dos 3 grupos políticos que se celebrará entre os meses de xaneiro e febreiro de 2014.
Escomezaremos un pouco despois das 17:30 en canto marche a cabalgata de reis.
24 Ago
Onte as 20:30 h. no Arquivo da Pesca de Caión presentouse un novo panel que formará parte da exposición permanente sobre a historia mariñeira da vila. O acto estivo incluido dentro da charla divulgativa “Naufraxios no mar de Caión” que moderou Marcos E. Amado Casdelo e contou cas intervencións de exmariñeiros locais, con gran aceptación polos asistentes. Os escritores Fernando Patricio e Xabier Maceiras exerceron de relatores nun evento que congregou numeroso público.
20 Ago
O próximo venres 23 de agosto terá lugar nas instalacións do Arquivo da Pesca, situado no local da Confraría de Pescadores de Caión, a charla divulgativa “Naufraxios no mar de Caión”, organizada pola Asociación Adisma.
Alí rememoraranse tanto os naufraxios acontecidos na costa caionesa coma outros sufridos noutras zoas e que afectaran a embarcacións ou mariñeiros desta vila, mostrando fotografías e recortes da prensa de 15 de eles, dende 1843 ata o máis recente de 1982.
O acto escomenzará as 20:30 e será conducido por Marcos Amado Casdelo, que exercerá de moderador, e terá como relatores aos escritores Fernando Patricio Cortizo, autor de entre outros libros o “Historia da Costa galega e os seus naufraxios”, e a Xabier Maceiras, autor do recente “O mar de Arteixo e os seus naufraxios”.
Asimesmo intervirán algúns ex-mariñeiros caioneses, que darán conta da súa memoria recordando os sucesos expostos, e incluso se contará coa presencia de un condecorado polo salvamento da vaca Jesusa en 1955.
A continuación presentarase un novo panel sobre esta temática que será incorporado á exposición permante sita no Arquivo da Pesca de Caión.
04 Xul
A partir deste sábado día 6 de xullo o Arquivo da pesca de Caión escomenza os horarios de verán, abrindo ó público os sábados de 12:00 a 14:00 horas e os domingos de 19:00 a 21:00 horas.
Agardamos a vosa visita.
31 Mar
Esta tarde de domingo no Arquivo da Pesca recibimos unha gostosa visita.
O mariñeiro Xosé Iglesias, que despois de trocar os caladeiros do Gran Sol polos máis pretos do arco Ártabro, mistura a bordo do seu barco a labor entre nasas, miños e trasmallos, coa de recitar versos sobre as vivencias, sentimentos e angustias que a vida no mar lle proporciona.
Aqui tendes unha mostra … a jolpe de corno ou bojina.
¡¡¡ Medre o mar !!!
25 Feb
Despois de un mes de vacacións, as instalacións do Arquivo da Pesca de Caión volverán a estar abertas ao público a partir do proximo día 3 ás 17:00 horas.
A partires de ese día, o horario de apertura votará a ser o habitual de 17:00 a 19:30 tódolos domingos, mentres dure a tempada de inverno
Agardamos a vosa visita para que poidades descubrir a evolución histórica da pesca na vila de Caión.
03 Xan
O pasado sábado día 29 o Arquivo da Pesca acolleu o encontro dos responsables dos Grupos de Acción Costeira (GAC) 3 (Costa da Morte) e 1 (A Mariña-Ortegal), que se reuniron para intercambiar experiencias e coñecer os proxectos que se desenrrolaron no concello da Laracha e que foron financiados polo Fondo Europeo de Pesca.
Asistieron o presidente e xerente do GAC 3, Evaristo Lareo e Guillermo González; os do GAC 1, José Basilio Otero e Mar López Leitón; Ramón Rivas, representante da Asociación do Mar de San Ciprán; a patroa maior da confraría de Ribadeo, Celia Pacio; Catalina Sánchez Luengo, da Fundación Expomar, e Ana Belén Seixido, en representación do Concello de Cariño, acollidos polo alcalde da Laracha José Manuel López Varela.
Os participantes na reunión visitaron o Arquivo da Pesca onde foron atendidos polo tecnico, que lles mostrou as instalacións e os seus distintos usos, e deu unhas pinceladas sobre a evolución da pesca nesta vila mariñeira.
Enlaces da cobertura dada na prensa:
29 Nov
O pasado día 22 de novembro celebrouse do castelo de Santa Cruz unha xornada de boas prácticas en Grupos de Acción Costeira, coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
O acto foi inaugurado por Juan Carlos Maneiro, Secretario Xeral do Mar, quen dou unha conferencia sobre as negociacións da nova Política Pesqueira Común, e as oportunidades do novo Fondo Europeo para as políticas marítima e pesqueira da Unión Europea.
Pero o obxectivo desta xornada foi dar a coñecer a relevancia do traballo realizado polos Grupos de Acción Costeira galegos, e en particular, presentar unha escolma daquelas iniciativas exitosas e de boas prácticas desenvoltas.
Entre os proxectos máis relevantes estaba o Arquivo la Pesca, promovido pola o Confraría de Pescadores de Caión. O seu patrón maior, Evaristo Lareo, foi o encargado de expoñer as liñas básicas levadas a cabo aos asistentes, pescadores e mariscadores, persoal de Confrarías, e técnicos dos GAC e das administracións públicas con competencias no litoral.
07 Xuñ
Fai uns días tivemos no Arquivo da pesca unha visita especial. Os alumnos do CEIP de Caión acercáronse ata as nosas instalacións para recibir unha charla sobre a historia da pesca na nosa comarca, os barcos, as artes, as capturas…
Foi un día especial para os rapaces e rapazas, que aprenderon moitas cousas que tiñan o seu carón, como veciños dunha vila mariñeira, pero ás que nunca lles prestaran atención.
Animámos a os colexios a que veñan a visitarnos, e disfruten dunha xornada tan enriquecedora !
05 Mai
O centro socio-cultural de Paiosaco acolle ata o dia 13 de maio a exposición “Ondas de Irmandade”, que mostra en paneis o centenario do asociacionismo mariñeiro nos portos de Pontedeume e Sada.
Alí poderedes ver tamén maquetas das embarcacións da época, fotografías, videos e cantigas, dende os primeiros anos do século XX ata a actualidade.
Moi recomendable para os que gustades da temática mariñeira.
02 Abr
O canal internacional da Televisión de Galicia emitiu o programa “Desde Galicia para el mundo”, grabado en castelán para mostrar a Galicia de hoxe aos nosos emigrantes de América e aos seus fillos e netos.
Neste capítulo adicado ao Concello da Laracha, podemos ver unha parte que trata sobre a vila de Caión e o seu Arquivo da pesca.
Podedes velo a partir do minuto 3, neste enlace:
http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&recurso_id=3953
15 Mar
As instalacións do Arquivo da Pesca acolleron onte día 14 de marzo, a parte da grabación do programa “Dende Galicia para o mundo”, que emitirá a Televisión de Galicia nas próximas semanas.
Os contidos do programa mostran o Concello da Laracha, nos que adican unha parte importante á vila mariñeira de Caión.
Manterémosvos informados do día e a hora da súa emisión.
16 Feb
O Arquivo da Pesca presentou o seu primeiro programa educativo dirixido a escolares da comarca, que leva por título “Nobres, frades e baleeiros nunha vila do século XVI: Caión”.
Trátase dunha visita guiada onde se mostrará a pirámide da sociedade estamental post-medieval, partindo dunha vila de señorío coma Caión. Veranse as residencias dos poderes da época: Mosteiro dos Agustinos e Pazo dos Sres. de Montaos, e ensinaranse manuscritos seus de dezmos, foros, e tributos que poderán ser transcritos polos alumnos.
Mostrarase tamén a vida dos veciños, por aqueles anos adicados á pesca da balea, explicando como era a súa caza e comercialización, exhibindo restos de ósos aínda conservados, e contratos da época entre nobres, mercaderes coruñeses e arpoeiros de Caión.
1º_ Visita guiada polo patrimonio da vila: Pazo, Mosteiro, Igrexa e zona do antigo porto baleeiro. Todo a carón da praza.
2º_ Explicación nunha sala dotada dun equipo audiovisual, e como material didáctico, as copias dos manuscritos da época, cos que se pretende que os alumnos comproben por sí mesmos os privilexos das clases terratenentes, o papel da burguesía da Coruña, e a dura vida dos labregos e mariñeiros da vila.
(* no caso de dificultades no desprazamento ata Caión, posibilidade de efectuar o programa no propio centro educativo usando diapositivas)
As entidades e centros interesados poderán contactar no teléfono 639618373 ademáis de en info@arquivodapesca.org ou en marcosemilio@terra.es
21 Xan
Sempre se comentou que Caión fora unha vila baleeira no pasado, mais descoñecíamos moitos detalles. Os propios habitantes da vila sabían destes feitos, pero non tiñan moitos referentes concretos cos que coñecer máis información.
Con todo, existen estudos sobre a caza de baleas en Galicia desde a Idade Media ata a actualidade. Moita información destes traballos e novas achegas móstranse na exposición permanente que podedes visitar no Arquivo da Pesca.
Ademais, expóñense restos de osos de baleas que se atoparon na vila. Trátase de verdadeiras testemuñas desta actividade no pasado, pois os osos das baleas eran empregados na costrucción das vivendas, nos valados, etc. Estes restos proveñen de baleas cazadas en Caión entre os séculos XVI e XVII.
04 Xan
O Arquivo da Pesca abre ao público a partir do sábado 7 de Xaneiro.
Durante o inverno, permanecerá aberto os sábados e domingos de 17:00 a 20:00 horas. Durante a semana recibiremos visitas de grupos previa cita.
Ven a visitarnos e coñece a historia da pesca en Caión!
04 Xan
O Arquivo da Pesca xa está oficialmente inaugurado. O acto de presentación acolleu numeroso público que quería coñecer o resultado do proxecto. Ao acto acudiu o Delegado Territorial da Consellería do Mar. Tamén interviron Guillermo González, xerente do Grupo de Acción Costeira, José Manuel López, alcalde da Laracha, Evaristo Lareo, patrón maior da Confrarñia de Pescadores de Caión, e Marcos Amado, da Asociación Adisma, que nos presentou o máis importante do proxecto.
03 Xan
O mércores 4 de xaneiro de 2012 ás 11:30h terá lugar o acto de presentación pública do Arquivo da Pesca. Participarán representantes da Consellería de Pesca, o Grupo de Acción Costeira, o Concello da Laracha, a Confraría de Pescadores de Caión e a Asociación Adisma.
12 Dec
A exposición está case lista para que todos a poidamos desfrutar. Ademais de toda a información que encontraremos sobra a historia da pesca na vila, haberá algunha sorpresa. Poderemos ver algún obxecto relacionado coa caza das baleas de máis de 300 anos.
30 Nov
Xa é coñecido por todos que Caión foi un importante porto baleeiro. Mais é posible que non coñezades moitos detalles desta importante actividade que se desenvolveu na nosa vila durante os séculos XVI e XVII.
Para saber máis, pronto poderemos realizar un percorrido por aquela época na exposición do Arquivo da Pesca, que abrirá en próximas datas.
09 Nov
O Arquivo da Pesca abrirá pronto ao público e todos poderemos percorrer unha interesante exposición sobre a pesca en Caión.
Non debemos esquecer que todos podemos colaborar con algún obxecto ou fotografía relacionados co mundo da pesca. Quen teña algo que considere interesante pode contribuír á mellora do Arquivo da Pesca.
02 Nov
A obra de rehabilitación e acondicionamento do local que alberga o Arquivo da Pesca está rematada. En breve estará aberta ao público para que todos poidamos desfrutar das instalacións.
15 Out
O proxecto a desenvolver consiste na realización dos traballos precisos para poñer en valor os documentos dos que consta o arquivo histórico da Confraría de Pescadores de Caión. Esta iniciativa consta de varias fases:
As diferentes actividades recollidas no proxecto están encamiñadas á consecución duns obxectivos globais que se poden resumir en:
01 Out
O Arquivo da Pesca ponse a andar. As obras de acondicionamento comezaron e as labores de clasificación e arquivo de documentos avanzan a bo ritmo. Esperamos poder mostrar resultados nun plazo breve de tempo.