Un proxecto con moitas vertentes
O proxecto a desenvolver consiste na realización dos traballos precisos para poñer en valor os documentos dos que consta o arquivo histórico da Confraría de Pescadores de Caión. Esta iniciativa consta de varias fases:
- Rehabilitación e acondicionamento do local
- O arquivo e análise de documentos
- Creación dunha exposición sobre o sector pesqueiro na localidade
As diferentes actividades recollidas no proxecto están encamiñadas á consecución duns obxectivos globais que se poden resumir en:
- Valorar e dignificar o oficio dos pescadores e o xeito de vida das súas familias.
- Crear un recordatorio histórico da importancia que chegou a ter a pesca na vila e como esta foi evolucionando ata a actualidade.
- Fomentar a cooperación e a participación dos diferentes axentes sociais da vila: desde a realización dos traballos de arquivo e a recollida de elementos expositivos, ata a realización de exposicións e diferentes accións formativas, actividades culturais e outras, unha vez se dispoña do lugar axeitado.
- Aplicación das novas tecnoloxías na actividade expositiva: paneis táctiles e interactivos.
- Fomento do turismo cultural e etnográfico, gracias á coordinación con outros proxectos de fomento da excelencia turística que se están a desenvolver na actualidade.