Programa educativo para escolares
O Arquivo da Pesca presentou o seu primeiro programa educativo dirixido a escolares da comarca, que leva por título “Nobres, frades e baleeiros nunha vila do século XVI: Caión”.
Trátase dunha visita guiada onde se mostrará a pirámide da sociedade estamental post-medieval, partindo dunha vila de señorío coma Caión. Veranse as residencias dos poderes da época: Mosteiro dos Agustinos e Pazo dos Sres. de Montaos, e ensinaranse manuscritos seus de dezmos, foros, e tributos que poderán ser transcritos polos alumnos.
Mostrarase tamén a vida dos veciños, por aqueles anos adicados á pesca da balea, explicando como era a súa caza e comercialización, exhibindo restos de ósos aínda conservados, e contratos da época entre nobres, mercaderes coruñeses e arpoeiros de Caión.
1º_ Visita guiada polo patrimonio da vila: Pazo, Mosteiro, Igrexa e zona do antigo porto baleeiro. Todo a carón da praza.
2º_ Explicación nunha sala dotada dun equipo audiovisual, e como material didáctico, as copias dos manuscritos da época, cos que se pretende que os alumnos comproben por sí mesmos os privilexos das clases terratenentes, o papel da burguesía da Coruña, e a dura vida dos labregos e mariñeiros da vila.
(* no caso de dificultades no desprazamento ata Caión, posibilidade de efectuar o programa no propio centro educativo usando diapositivas)
As entidades e centros interesados poderán contactar no teléfono 639618373 ademáis de en info@arquivodapesca.org ou en marcosemilio@terra.es