Charla divulgativa “Naufraxios no mar de Caión”
O próximo venres 23 de agosto terá lugar nas instalacións do Arquivo da Pesca, situado no local da Confraría de Pescadores de Caión, a charla divulgativa “Naufraxios no mar de Caión”, organizada pola Asociación Adisma.
Alí rememoraranse tanto os naufraxios acontecidos na costa caionesa coma outros sufridos noutras zoas e que afectaran a embarcacións ou mariñeiros desta vila, mostrando fotografías e recortes da prensa de 15 de eles, dende 1843 ata o máis recente de 1982.
O acto escomenzará as 20:30 e será conducido por Marcos Amado Casdelo, que exercerá de moderador, e terá como relatores aos escritores Fernando Patricio Cortizo, autor de entre outros libros o “Historia da Costa galega e os seus naufraxios”, e a Xabier Maceiras, autor do recente “O mar de Arteixo e os seus naufraxios”.
Asimesmo intervirán algúns ex-mariñeiros caioneses, que darán conta da súa memoria recordando os sucesos expostos, e incluso se contará coa presencia de un condecorado polo salvamento da vaca Jesusa en 1955.
A continuación presentarase un novo panel sobre esta temática que será incorporado á exposición permante sita no Arquivo da Pesca de Caión.