Charla e aportación de novos nomes para 15 rúas en Caión
Como xa saberedes, o Concello da Laracha no ano 2014 ten previsto renomear 15 das rúas do núcleo urbano da vila de Caión, ben sexa por troco do nome anterior, ou por tratarse dunha rúa de nova creación.
Dende o Arquivo da Pesca de Caión pensamos que a opinión dos veciños é de gran importancia é hora de decidir os nomes das rúas onde residen. Por iso mesmo e co visto bo do concello, decidimos facer de portavozes para tratar de agrupar as opinións e os puntos de vista dos caioneses, nunha proposta común.
Para elaborar as distintas propostas a nomes, necesitamos que os veciños asistades á charla e aportedes os nomes que consideredes axeitados para cada rúa.
Con todos os nomes aportados, elaboraremos unha proposta común que se decidirá nunha asamblea a celebrar o día 5 de Xaneiro ás 17:30 horas no local do Arquivo da Pesca, na que esperamos contar coa vosa asistencia.
Ditas propostas remitiránselle ao concello para que sexan valoradas na próxima reunión de portavoces dos 3 grupos políticos que se celebrará entre os meses de xaneiro e febreiro de 2014.
Escomezaremos un pouco despois das 17:30 en canto marche a cabalgata de reis.