15 Out 2011

Un proxecto con moitas vertentes

O proxecto a desenvolver consiste na realización dos traballos precisos para poñer en valor os documentos dos que consta o arquivo histórico da Confraría de Pescadores de Caión. Esta iniciativa consta de varias fases:

  • Rehabilitación e acondicionamento do local
  • O arquivo e análise de documentos
  • Creación dunha exposición sobre o sector pesqueiro na localidade

As diferentes actividades recollidas no proxecto están encamiñadas á consecución duns obxectivos globais que se poden resumir en:

  • Valorar e dignificar o oficio dos pescadores e o xeito de vida das súas familias.
  • Crear un recordatorio histórico da importancia que chegou a ter a pesca na vila e como esta foi evolucionando ata a actualidade.
  • Fomentar a cooperación e a participación dos diferentes axentes sociais da vila: desde a realización dos traballos de arquivo e a recollida de elementos expositivos, ata a realización de exposicións e diferentes accións formativas, actividades culturais e outras,  unha vez se dispoña do lugar axeitado.
  • Aplicación das novas tecnoloxías na actividade expositiva: paneis táctiles e interactivos.
  • Fomento do turismo cultural e etnográfico, gracias á coordinación con outros proxectos de fomento da excelencia turística que se están a desenvolver na actualidade.