Actividades

O Arquivo da Pesca, para conseguir os seus obxectivos de recuperar, valorizar e difundir a historia e cultura mariñeiras participará en diferentes actividades encamiñadas á consecución deses fins.

Así, poderanse impulsar ou colaborar en diferentes actividades:

  • Actividades divulgativas para o público en xeral
  • Actividades formativas para os profesionais e aquelas persoas relacionadas co mundo da pesca
  • Actividades educativas para escolares
  • Otras actividades culturais ou recreativas relacionadas co ámbito de traballo do Arquivo