21 Xan 2012

Restos do pasado baleeiro

Sempre se comentou que Caión fora unha vila baleeira no pasado, mais descoñecíamos moitos detalles. Os propios habitantes da vila sabían destes feitos, pero non tiñan moitos referentes concretos cos que coñecer máis información.

Con todo, existen estudos sobre a caza de baleas en Galicia desde a Idade Media ata a actualidade. Moita información destes traballos e novas achegas móstranse na exposición permanente que podedes visitar no Arquivo da Pesca.

Ademais, expóñense restos de osos de baleas que se atoparon na vila. Trátase de verdadeiras testemuñas desta actividade no pasado, pois os osos das baleas eran empregados na costrucción das vivendas, nos valados, etc. Estes  restos proveñen de baleas cazadas en Caión entre os séculos XVI e XVII.