A creación da Confraría

No inicio do século XX, os mariñeiros adicados á pesca artesanal acabaron por se agrupar e constituíron no ano 1924 o “Pósito de Pescadores de la villa de Cayón”.

Esta institución, que hoxe sustenta o Arquivo da Pesca, está presente na historia de Caión ao longo de todo o século e ata a actualidade. Participou en moitas das melloras que se produciron na actividade pesqueira, creou seguros socias para os traballadores e mellorou as instalacións portuarias. A súa pegada é tamén perceptible en moitos outros aspectos da vida cotiá da vila, nas escolas, na traída da auga, no campo de fútbol, nas festas,…

O local da confraría, construído en 1940